29 de maio de 2026
O Goberno de Inés Rey impulsa este proxecto de portas abertas en colaboración coas propias persoas creadoras
A xornada de portas abertas Estudios Abertos, organizada polo Concello, celebrarase este ano os días 6 e 7 de xuño, ampliando a súa duración nun día. "A nosa alcaldesa, Inés Rey, amosa deste xeito o seu compromiso cos creadores e creadoras da cidade, ofrecendo ademais á cidadanía unha maior facilidade para coñecer os seus traballos", indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Este ano aumenta tamén o número de espazos artísticos que participan, pasando de 39 a 55. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos dinamizar as artes plásticas da cidade e poñer en valor aos nosos creadores e creadoras con esta iniciativa, que permitirá á cidadanía coñecer e visitar numerosos espazos creativos dos barrios", apuntou Gonzalo Castro.
As xornadas terán lugar o sábado 6 e o domingo 7 de xuño, e os horarios irán desde as 10.00 ata as 22.00 horas, en función do espazo. Participarán profesionais das diferentes artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante ambas xornadas, que incluirá a participación de artistas convidados e outras sorpresas. "Os diferentes espazos nos que terá lugar estas xornadas estarán espallados pola cidade, permitíndolle aos asistentes facer unha ruta percorrendo a cidade e seleccionar aqueles que máis lle interesen", indicou Castro.
O obxectivo destas xornadas é coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela. "Estudios Abertos é a oportunidade perfecta para coñecer a artistas de diferentes disciplinas e o seu traballo", sinalou o concelleiro.
O detalle de todas as actividades paralelas desta edición irase dando a coñecer nas redes sociais de Estudios Abertos e na páxina web www.coruna.gal/estudiosabertos.

19 de maio de 2026

15 de maio de 2026

13 de maio de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible