Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina especializada

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.

Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarita, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

EXPOSICIÓNS

  • O UNIVERSO DE FREDO

Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

  • FÍSICA EN ACCIÓN

Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias, o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: pode baixarse unha costa cara arriba?, como se moven as dunas?, que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?

  • PURO SWING

A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

  • A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN

A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.

  • PARQUE

As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarita. Proba a mover unha bóla de granito de 1.500 quilos cunha soa man ou a sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, o que oinspirou para descubrir a lei da gravidade.

PLANETARIO

Viaxa no espazo e no tempo no planetario da Casa das Ciencias grazas aos seus proxectores dixitais, que nos trasladan con gran realismo ata os confíns do universo, e grazas ao seu proxector analógizo Zeiss, que reproduce a noite estrelada para descubrir todos os astros que poden observarse nunha primeira ollada.

  • As entradas da Casa das Ciencias e o suplemento da sesión de planetario só poden adquirirse na recepción do museo o mesmo día da sesión, excepto os días con entrada gratuíta, nos que a entrada gratuíta para o planetario só pode reservarse en liña a partir das 9.00 horas do día anterior (pódense consultar as datas de entrada gratuíta na pestana «Entradas»).

CARTELEIRA DE XULLO-AGOSTO

Todos os días do 1 de xullo ao 31 de agosto

  • 11.30 h «A grande aventura do sistema solar» (gal., maiores de 6 anos) (excepto o 25 de xullo e o 29 de agosto)*
  • 13.00 h «3CLIPSE» (cast., maiores de 10 anos)(excepto o 25 de xullo e o 29 de agosto)*
  • 17.00 h «Hazenults» (cast., de 4 a 6 anos) (excepto o 28 de agosto)
  • 18.00 h Sesión en directo comentada sobre o ceo do mes (cast./gal., maiores de 10 anos) (excepto o 12 e o 28 de agosto)
  • 19.00 h «3CLIPSE» (gal., maiores de 10 anos) (excepto o 1 de xullo) (excepto o 12 e o 28 de agosto)

* Os últimos sábados de mes hai sesións especiais en directo gratis

AVISOS

  • Os nenos e nenas menores de 4 anos non poden acceder ao planetario.
  • As proxeccións comezan á hora indicada. Unha vez iniciada a sesión, non é posible acceder ao planetario. Pedimos a máxima puntualidade.

HORARIO

  • INVERNO (xaneiro e febreiro)

De luns a venres: de 10.00 h a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: de 11.00 h a 19.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

  • PRIMAVERA (de marzo a xuño)

De luns a domingo: de 10.00 a 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

  • VERÁN (xullo e agosto)

De luns a domingo: de 10.00 a 20.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

  • OUTONO (de setembro a decembro)

De luns a domingo: de 10.00 a 19.00 h*

24 de decembro: de 10.00 a 14.00 h*

31 de decembro: de 10.00 a 14.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado

ENTRADAS

As entradas para visitar as exposicións e asistir ás sesións de planetario só poden adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, excepto os días con entrada gratuíta, en que as entradas de planetario só poden reservarse en liña a partir das 9.00 horas do día anterior.

> Xeneral: 2 euros. Suplemento de planetario: 2 euros.

> Reducida*: 1 euro. Suplemento de planetario reducido*: 1 euro

*Menores de 16 anos, maiores de 65, persoas desempregadas (tras presentaren o documento acreditativo), carné xove, carné de estudante e membros de familias numerosas (logo de presentaren o documento acreditativo)

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña: 17 de febreiro e 7 de outubro de 2026 (con reserva previa de entradas en liña só para as sesións de Planetario, con 1 día de antelación)
  • Día da Ciencia na Rúa: 9 de maio de 2026 (con reserva previa de entradas en liña só para as sesións de Planetario, con 1 día de antelación)
  • Semana da Ciencia: do 7 ao 15 de novembro de 2026 (con reserva previa de entradas en liña só para as sesións de Planetario, con 1 día de antelación)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas (tras presentaren o carné acreditativo)
  • Persoal docente, debidamente acreditado (carné profesional ou certificado da Dirección do centro)
  • Estudantado da Universidade da Coruña (tras presentar o carné acreditativo)
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos
  • Membros do International Council of Museums que presenten a acreditación oficial correspondente

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65

  • Bono Tres Casas: permite acceder ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, da Domus e do Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado. Debe adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.
  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas e permiten acceder ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, da Domus e do Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos). Será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Están á venda na recepción dos tres museos.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Documentos relacionados

  • null

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión