Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina especializada

Domus

Enderezo:

Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Como chegar:

Teléfono:

(+34) 981 189 840

Horario:

Inverno (xaneiro e febreiro):

Luns a venres: 10.00 a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

Primavera (marzo a xuño):

Luns a domingo: 10.00 a 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

Verán (xullo e agosto):

Luns a domingo: 10.00 a 20.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

Outono (setembro a decembro):

Luns a domingo: 10.00 a 19.00 h*

24 de decembro: 10.00 a 14.00 h*

31 de decembro: 10.00 a 14.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado

A Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, e é o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses.

O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

EXPOSICIÓNS

> BOCADOS

Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

> XOGO DE NEURONAS

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

> XENÉTICA

Investiga que é a enxeñaría xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descobre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades dos visitantes ao redor dun tema científico de continua actualidade.

> EVOLUCIÓN

Descobre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e os investigadores de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

ESPAZOS SINGULARES

> LABORATORIO ABERTO

O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus con obradoiros e actividades dirixidas a grupos escolares.

> maker@domus

maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans. Para grupos escolares.

Consulta os talleres dispoñibles na lapela de actividades da Domus da nosa sección « Visitas escolares »

CINEMA

Na sala Leonardo da Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.

Programación de cinema científico:

  • «En busca del primer europeo». Unha viaxe científica con moito humor e aventuras no que Luis Quevedo dá vida a un mozo que busca respostas, e Eudald Carbonell, científico e codirector dos xacementos de Atapuerca, a un eminente paleontólogo. Fins de semana ás 12.00 h ás 17.00 h.
  • «The Melting Point: La desaparición de los glaciares pirenaicos». Documental gañador do Prisma 2021 ao mellor vídeo. Fins de semana ás 13.00 e 18.00 h.

A entrada á sesión de cinema é gratuíta, está incluída no prezo da entrada ao museo e suxeita á dispoñibilidade do espazo.

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h.*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado.

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h.*

24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h.*

31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado.

ENTRADAS

>> As entradas adquírense na recepción do museo, pero se queres estar seguro de que terás sitio, reserva entrada con antelación aquí: reserva de entradas

> Xeneral: 2 euros.

> Reducida*: 1 euro.

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (1 de marzo e 7 de outubro de 2022).
  • Día da Ciencia na Rúa (7 de maio de 2022).
  • Día dos Museos (18 de maio de 2022).
  • Semana da Ciencia (do 14 ao 20 de novembro de 2022)
  • Persoas con discapacidade.
  • Menores de 4 anos.
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Persoal docente, debidamente acreditado.
  • Estudantes da Universidade dá Coruña, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Xornalistas, debidamente acreditados.
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos.

> Bono Tres Casas: 12 euros

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado.

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65.

  • Tarxtea Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Documentos relacionados

  • Plano contidos Domus (7 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión