Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2026

A curtametraxe “Zona 0”, do CPR Cid, gañadora na categoría de primaria do concurso do Concello Cinema na Escola 2025-2026

Hoxe celebrouse no Ágora a cerimonia de entrega de premios para os participantes de 5º e 6º de primaria, e mañá terá lugar a dos centros de secundaria

Hoxe tivo lugar no Ágora a entrega de premios para os colexios de primaria (5.º e 6.º curso) gañadores do certame Cinema na Escola, un innovador concurso audiovisual organizado polo Concello que tivo unha gran participación do alumnado dos centros da cidade, con máis de 800 estudantes e 22 docentes de 17 centros educativos implicados. A obra "Zona 0", do CPR Cid, foi a agraciada na categoría de Mellor Curtametraxe. Mañá pola tarde, tamén no Ágora, realizarase o acto de entrega para o alumnado de secundaria.

Cinema na Escola é un programa municipal -impulsado por primeira vez polo Goberno de Inés Rey no curso 2021-2022- que busca inculcar e educar a xuventude na expresión audiovisual a través da produción de curtametraxes propias. Os grupos participantes tiveron que desenvolver todas as fases do proceso, desde a actuación á escritura, a dirección, a produción ou a montaxe. Así, centos de alumnos e alumnas achéganse por primeira vez ás técnicas propias desta disciplina artística. 

"Cinema na Escola é un proxecto educativo do que o Goberno municipal se sente moi orgulloso. Non só porque é unha forma diferente de aprender técnica e arte, senón porque é unha forma extraordinaria de que o alumnado lles perda o medo á expresión libre e á comunicación, dándolles ferramentas que lles serán moi útiles na súa vida", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, quen estivo presente na gala en representación do Concello.

Mañá, mércores 20 de maio, realizarase a segunda gala, para premiar os centros de secundaria. Na de hoxe, participaron os seguintes colexios de primaria:

  • CEIP Alborada coa curta "Toc, toc"

  • CEIP Alborada coa curta "Adeus"

  • CEIP Curros Enríquez coa curta "A pizarra"

  • CEIP Curros Enríquez coa curta "Rachando o telón"

  • CEIP José Cornide coa curta "O pozo dos desexos"

  • CEIP Ramón de la Sagra coa curta "O chichón do pasado"

  • CEIP Sagrada Familia coa curta "O aprendiz"

  • CEIP Zalaeta coa curta "Canto medraches"

Todas as obras foron rodadas en galego e co teléfono móbil como instrumento de gravación. Ademais, impartíronselles talleres formativos de iniciación á creación audiovisual e asesoramento presencial nas tarefas de filmación e montaxe, co obxecto de darlle ferramentas ao alumnado para poder elaborar os curtametraxes. 

Os galardóns foron deliberados por un xurado de persoas expertas composto polo actor de escena e dobraxe Santiago Fernández; a directora de casting Isa Escrigas; a doutora en fotografía por Belas Artes Ledi Bellón; o realizador e montador gañador dun Goya Fran X. Rodríguez e a técnica de Educación do Concello Ana Judel Prieto. 

O palmarés completo foi: 

  • Mellor Curtametraxe: "Zona 0" (CPR Cid)

  • Mellor Guión: "Zona 0" (CPR Cid)

  • Mellor Fotografía: "Zona 0" (CPR Cid)

  • Mellores Efectos Visuais: "O aprendiz" (CEIP Sagrada Familia)

  • Mellor Edición e Montaxe: "Adeus" (CEIP Alborada)

  • Mellor Edición de Audio: "O pozo dos desexos" (CEIP José Cornide)

  • Mellor Interpretación: "Zona 0" (CPR Cid)

  • Mención Valores: "Rachando o telón" (CEIP Curros Enríquez)

  • Mención Comedia: "O chichón do pasado" (CEIP Ramón de la Sagra)

  • Mención Esforzo: "A pizarra" (CEIP Curros Enríquez)

  • Premio do Público: "Adeus" (CEIP Alborada)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión