
María Lopo é doutora en Literatura Francesa pola Universidade Rennes 2, ensaísta e tradutora. Publicou dez libros e máis de sesenta artigos, estudos e traducións nos que aborda, entre outros temas, a poesía bretoa, a poesía francófona, o surrealismo, o celtismo literario, a relación entre literatura e identidade, o sexismo na didáctica da lingua francesa ou as culturas do exilio español nas súas conexións francesas.
Especialista na figura de María Casares, disertou sobre ela en numerosas ocasións, tanto en Francia como en Galicia, ademais de publicar unha decena de artigos nos que se ocupa da súa vida e da súa obra. Dedicoulle o texto teatral O meu nome é María Casares (2007), adaptado para a escena por Sarabela Teatro como María Casares. A vida triunfante (2008), editou a correspondencia intercambiada co seu pai Santiago Casares Quiroga no libro Cartas no exilio (2008) e publicou a monografía sobre as súas conexións galegas O tempo das mareas. María Casares e Galicia (2016).
Sin resultados.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible