Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ano internacional de María Casares: Obxectivos

Obxectivos

Identificar a María Casares coa Coruña

Recuperar, situar, divulgar e potenciar a figura de María Casares no ideario social da cidade.

Situar A Coruña en Francia a través de María Casares

Vincular A Coruña con París/ Avignon/ Alloue fomentando a conexión cultural e social de ida e volta con Europa. Integrar A Coruña nas conexións internacionais de María Casares.

Recuperar a memoria do exilio coruñés

Recuperación da memoria do exilio durante a II República na Coruña e paralelamente recuperar a memoria histórica da República. Contrarrestar o maltrato político e a difamación da que foron obxecto Casares Quiroga e a súa familia, concretamente o sufrido durante o espolio e postración durante o franquismo.

Visibilizar a muller independente

Destacar o papel da muller, de mulleres referentes, na cultura e na vida social. María Casares sempre levou con orgullo e dignidade o feito de ser muller galega. María Casares sempre viu a figura da súa avoa cigarreira como encarnación das mulleres independentes, libres e fortes.

Percibir a cultura como ben común

Reforzar o papel da cultura como ben común e benestar social, valorizar o teatro. A propia María Casares di que a biblioteca familiar chegou a contar con 20.000 volumes. En 1936 foi expropriada, roubada e destruída parcialmente.

Próximas actividades

Máis actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión