Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O Concello impulsará unha gran cantidade de actividades durante todo o ano 2022 agrupadas arredor de dous conceptos.
AVANCE DE PROGRAMACIÓN
Actividades de creación propia deseñadas polas diferentes áreas municipais (listaxe provisional).
Xaneiro: Cadernos didácticos María Casares para o ensino.
Febreiro: Biografía en Banda Deseñada. "En tres actos, María Casares".
Marzo: Inauguración da nova museografía dos materiais María Casares na Casa Museo Casares Quiroga. Conferencias dramatizadas "Voces para un centenario".
Maio, xuño e xullo: Exposición "María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada" Quiosco Alfonso.
Xulio: Visitas teatralizadas. "Visita o Teatro Colón con María Casares".
Agosto: Ruta urbana guiada "A Coruña de María Casares".
Outubro: "Acollidas". Conversas na casa de María Casares.
Novembro: Encontro Internacional "María Casares. Cen anos de vida" Casa Museo Casares Quiroga. Documental "La mujer que vivió 1.000 vidas" de Xavier Villaverde.
Todo o ano:
As bibliotecas municipais no "2022 Ano Internacional María Casares". (
María Casares nas Bibliotecas Municipais (galego)
) Itinerario didáctico para a mocidade. "María Casares, unha coruñesa en París". Estreas teatrais de obras vinculadas á figura de María Casares nos teatros da cidade.
CON ACENTO FRANCÉS
Actividades vinculadas con Francia ou con protagonistas desa procedencia organizadas desde o concello. Directores/as, artistas e compositores/as franceses/as na Orquestra Sinfónica de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible