Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

28 de octubre de 2018

As bibliotecas municipais organizan unha nova edición do ciclo de encontros da Biblioteca Verde, que este ano sitúa a xestión ambiental dos plásticos como eixe temático

A edil de Medio Ambiente, María García, inaugurará o mércores 31 a proposta cun parladoiro no que abordará o papel da veciñanza á hora da reciclaxe e da separación en orixe dos residuos

O vindeiro mércores, 31 de outubro, regresa unha nova edición do Ciclo de Encontros Participativos da Biblioteca Verde, un programa impulsado polo servizo das Bibliotecas Municipais da Coruña e que pretende xerar un foro de debate arredor da cuestión ambiental e da sustentabilidade, así como sensibilizar á veciñanza na preservación do medio natural. A través de parladoiros, que se celebran unha vez ao mes en distintos centros da rede, a cidadanía pode coñecer experiencias sostibles que teñen lugar na cidade, así como consultar material dos fondos municipais vinculados á temática.

Nesta VI edición, o proxecto Biblioteca Verde terá como punto de partida O desafío dos plásticos, co obxectivo de informar e sensibilizar á veciñanza sobre o impacto ambiental derivado do consumo masivo de plásticos, como a contaminación dos océanos que ameaza tanto a vida mariña como a propia saúde da cidadanía. Así, ao longo do curso, que se desenvolverá entre os meses de outubro e maio, os Encontros Participativos da Biblioteca Verde afondarán da man de figuras e profesionais vinculadas ao sector ambiental en cuestións como a separación e tratamento de residuos, o consumo responsable, a economía circular ou as hortas urbanas.

A primeira das charlas terá lugar o vindeiro mércores 31, ás 19.00 horas, na biblioteca do centro Ágora da man da concelleira de Medio Ambiente, María García, quen abordará o papel da cidadanía á hora da redución do impacto ambiental dos residuos. "Nesta sesión trataremos de dar a coñecer xeitos creativos de colaborar, desde a casa, coa reciclaxe e a redución de residuos na nosa contorna", sinala a edil. No parladoiro a responsable municipal partirá, dun xeito didáctico e distendido, da experiencia da separación en orixe dos refugallos, tanto no propio fogar ou dos contedores situados na rúa, até o súa chegada ás plantas de reciclaxe. Ademais, García dará a coñecer distintas experiencias que se están a desenvolver desde o Concello do obxectivo de avanzar cara o residuo cero, así como as propostas de sensibilización dirixidas á redución de residuos como Móllate ou o Ecovaso.    

A participación nos encontros da Biblioteca Verde é gratuíta, pero nalgúns casos require inscrición previa. Para máis información sobre o programa de conferencias e como participar nas mesmas, pódese acudir a calquera centro da rede de bibliotecas municipais ou visitar a súa páxina web, www.coruna.gal/bibliotecas.

Documentos:

Programación Biblioteca Verde 2018-2019 (1 MB)

  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?