Charlas e debates
Para público en xeral
+ 16 anos
31/10/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981 189 886
Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir. Descúbreas!
O mellor residuo é aquel que non se produce... pero os que producimos témolos que separar ben. Cada vez máis restos acaban depositándose directamente na natureza, nos océanos, e no mellor dos casos chegan á planta de reciclaxe. Isto xera grandes problemáticas se non están separados correctamente. A clave está na colaboración cidadá. O primeiro e máis importante paso está no teu fogar.
--
María García, concelleira de Medio Ambiente
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible