Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2019

O alumnado participante no programa 'Móllate!' presenta no Pazo de María Pita as súas ideas para acadar un San Xoán Sustentable

Máis de 200 alumnas e alumnos de 7 centros de ensino da cidade interveñen na cuarta edición do programa de sensibilización ambiental impulsado polo Concello

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García, recibiron esta tarde no Salón de Plenos do Concello da Coruña ao alumnado que intervén na cuarta edición de Móllate!, o programa municipal de participación e sensibilización municipal dirixido á mocidade que pretende concienciar á cidadanía sobre a importancia do coidado dos areais, concentrando a súa acción durante a festa do San Xoán. A iniciativa, impulsada pola área de Medio Ambiente, converte ao alumnado da cidade en protagonista da acción, ao outorgarlle ferramentas e apoio para o desenvolvemento e execución de iniciativas de sensibilización ambiental que comunicarán, tanto nos seus centros como para resto da cidadanía, co obxectivo de axudar a reducir o lixo e o consumo de plástico na noite de San Xoán. Nesta edición, máis de 200 alumnos dos IES Adormideras, Monte das Moas, Eusebio da Guarda, A Sardiñeira, Monelos, CIFP Ánxel Casal e Fundación Érguete implicaranse no deseño e produción das propostas que conformarán a campaña.

"A mocidade europea está a mobilizarse para reclamar aos gobernos locais e estatais un cambio nas súas políticas ambientais. Na Coruña levamos catro anos dando voz e representación ao alumnado da cidade para sexan protagonistas dun cambio no xeito de de xestionar a festa de San Xoán e os residuos que nela se producen, e os resultados evidencian o bo funcionamento desta medida: en catro anos a redución do lixo das praias foi dun 45%", sinalou Xulio Ferreiro durante o acto. Ao fío, a concelleira de Medio ambiente lembrou que, durante os catro anos de funcionamento de Móllate!, cerca dun milleiro de alumnas e alumnos participaron no programa. "Cómpre agradecer a mocidade o seu compromiso coa cidade e co planeta. Hai un xeito diferente de vivir San Xoán, de vivir de forma diaria co respecto ao medio ambiente. Cremos que este programa é unha ferramenta que responde, dun xeito activo, ás reclamacións dunha xuventude que quere ter voz e participar no desenvolvemento de novos modelos de políticas ambientais", apuntou María García.

Nunha primeira fase, educadoras e educadores de Móllate! realizaron dúas sesións nos centros mostrando a importancia dos mares na vida da cidadanía así como debater sobre as problemáticas asociadas ao lixo. O proceso conduce á LIADA, o Laboratorio de Ideas de Acción Directa e Animosa, durante o cal os rapaces e as rapazas, organizados en pequenos grupos de discusión, deseñarán accións concretas de sensibilización coa problemática do lixo no San Xoán que deben ser realizables, críticas e con impacto de cara a toda a cidadanía. Froito destas sesións son as ideas presentadas hoxe, das que algunhas delas, "as máis viables e con máis impacto", contarán con difusión pública na que as e os estudantes disporán do apoio de profesionais de ámbitos como a comunicación ou o deseño para a súa execución.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión