Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de decembro de 2017

O Concello incorpora un novo camión ao servizo municipal de limpeza e mantemento da rede de sumidoiros

A edil de Medio Ambiente, María García, recorda á veciñanza que pode corresponsabilizarse na conservación da tubaxe “evitando depositar residuos sólidos como toalliñas ou cabichas no inodoro”

O goberno local vén de incorporar un novo camión á frota de medios municipais que se empregan na limpeza e mantemento da rede de sumidoiros. O vehículo, no que se investiron máis de 230.000 euros, está dotado dos últimos avances tecnolóxicos do sector así, como de seguridade para o persoal operario do mesmo, e substitúe a un de menor capacidade.  Así, desde hoxe, o Concello conta con catro vehículos hidrolimpiadores que teñen a capacidade de transportar 12 metros cúbicos mediante dous depósitos, un de 7 para lodos, e outro de 5 para auga limpa, "para manter en perfecto estado os condutos subterráneos", sinala a responsable de Medio Ambiente, María García. Tal e como destaca a edil, a rede de sumidoiros da Coruña, que conta con 537,50 km de tubaxe,  recibe todos os residuos industriais e dos domicilios localizados no termo municipal, nun percorrido que conta con 21.000 pozos de rexistro, 15.000 sumidorios de pluviais e 20 instalacións de bombeo. Segundo subliña a titular de Medio Ambiente, o Concello retira, cos seus propios medios, "ao redor de 400 toneladas anuais de residuos sólidos ao ano", que se levan ao xestor autorizado para o seu tratamento, "e que se suman aos que se deben xestionar pola estación depuradora de Bens, que se aproximan as 900 toneladas anuais".

En relación á diminución das cantidades de residuos que chegan á depuradora, a concelleira avoga pola sensibilización e corresponsabilidade arredor da problemática. "Toalliñas, cabichas e artigos de hixiene persoal, cando non rematan directamente no mar, son causantes de moitos atascos e problemas en sumidoiros. A cidadanía pode contribuír a mellorar moito esta situación. Cómpre ser consciente desta problemática e procurar separar debidamente os residuos en orixe, depositándoos no seu sitio. Tamén no fogar", destaca García, quen lembra que a eliminación deste tipo de residuos na depuradora "custa ao Concello arredor de 250.000 euros anuais".  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión