Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Sector residencial

Barrios de enerxía sostible

O barrio dos Rosales foi obxecto de boa parte das accións do proxecto europeo Practise Energy. Nel leváronse a cabo diversas accións para fomentar o uso intelixente da enerxía entre a veciñanza.

Entre as máis destacables podemos incluír a realización dunha campaña de comunicación aproveitando os paneis informativos existentes no barrio, a impartición de diversos cursos e xornadas para concienciar sobre a necesidade de reducir o noso consumo enerxético tanto nas vivendas particulares, nos elementos comúns dos edificios ou na condución.

Figura do xestor enerxético

Tamén se realizaron auditorías enerxéticas a edificios con tipoloxía común cuxos resultados se expuxeron en varios portais da veciñanza de forma colectiva para que a cidadanía puidese coñecer os datos e aplicalos ao seu caso concreto. O obxectivo que se perseguía con estas auditorías foi crear a figura do xestor enerxético, persoa que ten que vixiar a sustentabilidade e eficiencia do edificio.

Unha das accións promovidas co sector comercial deste barrio consistiu na adhesión de preto de 200 negocios á campaña de Comercio sostible, coa que se buscou un compromiso concreto na redución das súas emisións de CO2 grazas a un paquete de pequenas medidas que deberían realizar.

Os responsables do Proxecto Practise na Coruña empregaron varios medios para divulgar a mensaxe da eficiencia enerxética entre a cidadanía. Un deles foi un documental no que se mostraban distintas propostas para mellorar o grao de eficiencia enerxética na vida dos coruñeses.

A rodaxe do documental tivo lugar nas rúas da cidade e, de forma especial, no barrio dos Rosales, o espazo urbano no que se centran a maior parte das accións do Practise. Na curtametraxe impúlsanse aspectos como o transporte colectivo, o uso da bicicleta ou a moderación do consumo en calefacción e iluminación, por exemplo, sen renunciar ás comodidades da vida moderna.

O vídeo proxectouse en todas as actividades públicas e presentacións do Practise en congresos, feiras ou cursos. Ademais da súa distribución a través de 500 copias en DVD, o filme pode verse en internet a través da propia páxina web do proxecto na Coruña, onde sumou un importante número de espectadores.

A produción deste vídeo como elemento de difusión dos principios do proxecto Practise Energy foi valorada positivamente polo resto dos socios internacionais do programa europeo como unha das accións máis destacadas en materia de divulgación.

Proxecto Fogares sostibles

O Concello e a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e área metropolitana colaboran no proxecto Fogares sostibles na Coruña. Esta é unha experiencia piloto na que, de maneira inicial, participaron 50 familias, e que se estenderá ao resto da cidadanía a través de cursos e talleres e das redes sociais. O obxectivo é que poñan en marcha prácticas que permitan reducir nas súas casas, polo menos nun 6%, os consumos de electricidade e gas e as emisións de CO2.

A campaña tamén incluíu xornadas de formación e difusión entre as entidades veciñais da cidade, a elaboración dunha guía, a repartición de merchandising e lámpadas de baixo consumo, e a creación dunha plataforma web para concienciar e sensibilizar o meirande número posible de persoas.

O proxecto Fogares sostibles forma parte da Estratexia contra o cambio climático da Coruña coa que o Concello formula programas e medidas para mellorar a calidade ambiental da cidade, cunha redución das emisións derivadas do sector residencial.

No proxecto Fogares sostibles lévanse a cabo, en xeral, as seguintes accións:

  • Xornadas de formación e difusión nas asociacións de veciños da cidade, que inclúan talleres para fomentar novos hábitos de consumo máis sostible, especialmente no que se refire á compra diaria.
  • Elaboración dunha guía/díptico para difundir o proxecto e as medidas propostas entre os fogares da Coruña.
  • Creación dunha mini-cartelería / adhesivos / imáns con mensaxes nos que se anime á redución do consumo enerxético; e repartición de lámpadas de baixo consumo e redutores de caudal.
  • Avaliación e seguimento dos 50 fogares que participarán de forma experimental nesta iniciativa. Analizaranse as condicións actuais das vivendas e poñeranse en marcha medidas para mellorar as prácticas de consumo. O obxectivo é reducir polo menos nun 6% tanto os consumos de electricidade e gas como as emisións de CO2.
  • Creación dunha plataforma web accesible para toda a veciñanza coa intención de estender o proxecto ao maior número posible de persoas. Tamén se poñerá en marcha unha rede social e, durante o transcurso desta iniciativa, un newsletter.

Sector comercial, industrial e institucional

A medida máis importante para a implicación de todos estes sectores na loita contra o cambio climático constitúea a Rede de Enerxía Sostible da Coruña, que aglutina os principais actores implicados nesta causa.

Outros contidos relacionados

Avisos e eventos

  • Resolución de autorización do uso dos hortos urbanos

    Cando:

    Dende o 20/07/2018 ata o 03/08/2018

    Resolución pola que se autoriza o uso dos hortos a unha serie de solicitantes e realízanse novas adxudicacións requirindo documentación, comunicándose igualmente a existencia de parcelas e mesas de cultivo vacantes

  • Autorización do uso das parcelas e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán

    Cando:

    Dende o 18/06/2018 ata o 31/07/2018

    Autorización do uso das parcelas e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís, por un período de dous anos.

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

Axenda

Consumo de auga

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?