Concerto-recital para todos os públicos
Para público en general
21/03/2024
Ya ha finalizado
Actividade sen inscrición previa.
Entrada libre e gratuíta ata encher a capacidade do auditorio.
21.00 h
60 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Servizo de Normalización Lingüística - Promoción da Lingua (Servizo de Cultura do Concello da Coruña)
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
"SEIS"
Seis foron os poemas que Federico García Lorca fixo en galego, e "SEIS" é o nome deste proxecto que pretende homenaxear este fito da literatura en Galicia, que o mellor poeta contemporáneo e un dos máis grandes da lingua castelá de todos os tempos escollese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea, nun tempo no que o galego provocaba indiferenza, no mellor dos casos.
"SEIS" é un proxecto audiovisual onde a música en directo composta para a ocasión, de carácter ambiental con guitarra eléctrica e videocreación en vivo, crearán unha atmosfera onírica e suxestiva mentres a obra de Lorca é recitada. Deste xeito, música e imaxe acompañarán a palabra do poeta, ofrecéndolles ás persoas espectadoras un achegamento diferente a esta xoia da literatura.
A autoría deste proxecto recae no músico Rafa Fernández, que xa ten experiencia neste tipo de proxectos no que se utiliza o audiovisual como marco para a obra de figuras do eido cultural galego, como foron Álvaro Cunqueiro en "Música para mil primaveras" ou o fotógrafo galego José Suárez en "José Suárez, Suite para unha vida".
Elenco: Rafa Fernández (guitarra eléctrica e composición), Lara Dopazo (voz), Adriana Páramo (videocreación) e Virxilio Da Silva (guitarra eléctrica)
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible