| masculino e feminino | ano de nacemento |
|---|---|
| Sub20 | Nados/as en 2006 e 2007 |
| Sub 23 | Nados/as en 2003, 2004, 2005 |
| Sénior | Nados/as desde 2002 ata os 34 anos |
| Máster 1 | 35 a 39 anos cumpridos no dia da proba |
| Máster 2 | 40 a 44 anos cumpridos no dia da proba |
| Máster 3 | 45 a 49 anos cumpridos no dia da proba |
| Máster 4 | 50 a 54 anos cumpridos no día da proba |
| Máster 5 | 55 a 59 anos cumpridos no dia da proba |
| Máster 6 | 60 a 64 anos cumpridos no dia da proba |
| Máster 7 | A partir de 65 anos cumpridos o dia da proba |
| Atletas con discapacidade* | Nados/as en 2007 e anos anteriores |
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviar unha copia do cartón acreditativo da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles.Permitirase un máximo de 2 guías para os atletas con discapacidade visual. O suo de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual, de atletas de apoio, debe comunicarse previamente á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se van a situar os/as guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a substitución.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será gratuíta, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com.
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carrea, que terá unha normativa específica para a súa regulación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible