Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas Plan estatal de vivendas 2018/2021 (Grupo María Pita /Casas de Franco/Casco Vello

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar as actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas dentro das seguintes áreas:

Serán subvencionables os seguintes tipos de obra da área de Rexeneración e Renovación Urbana:

  1. Ventorrillo - Casas de Franco na Coruña, delimitado pola Xunta de Galicia, para os efectos previstos no apartado a) do artigo 48 do PEV, con data 22 de xullo de 2015. (1ª fase).
  2. Grupo de Vivendas "María Pita " en Labañou (A Coruña), delimitado pola Xunta de Galicia, para os efectos previstos no apartado a) do artigo 48 do PEV, con data 22 de xullo de 2015. (1ª fase)
  3. Cidade Vella e Pescadería na Coruña, delimitado pola Xunta de Galicia, para os efectos previstos no apartado a) do artigo 48 do PEV, con data 14 de novembro de 2003. (8ª fase).

Estas actuacións encádranse nas determinacións dos acordos subscritos o 26 de outubro de 2018 dentro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e do convenio de colaboración previo entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do devandito plan, conforme co establecido no artigo 5 do PEV e no ordinal noveno da Resolución de 3 de agosto de 2018 do IGVS.

O Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal está regulado nos artigos 47 a 54 do PEV, e as bases reguladoras das axudas previstas neste programa están recollidas na Resolución de 3 de agosto de 2018 do Instituto Galego da Vivenda e Solo (DOG 156, de 17.08.2018), coas modificacións introducidas pola Resolución de 31 de maio de 2019 (DOG 108, de 10.06.2019).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión