Horario
O castro de Elviña está aberto a todas as persoas que queiran visitalo de forma gratuíta no horario establecido para as visitas guiadas.
De maneira excepcional e para cumprir as normas de seguridade sanitaria, as visitas terán unha capacidade máxima de 10 persoas (capacidade que poderá variar segundo as restricións), polo que será necesario reservar previamente no teléfono do Museo Arqueolóxico de San Antón.
O enderezo do xacemento é: Campus de Elviña, s/n e os datos de localización GPS: 43° 19' 38.0568"N / -8° 24' 30.0168"W.
Horario de verán:
Do 1 de xuño ao 30 de setembro: sábados e domingos ás 12.00 h.
Tamén se farán visitas os xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.00 h.
Horario de inverno:
Do 1 de outubro ao 31 de maio: domingos ás 12.00 h.
Visitas escolares: organízanse visitas guiadas ao castro de Elviña para grupos de estudantes e proporciónase material didáctico gratuíto para os centros asistentes.
Contacto e reservas
Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón: 981 189 850
Chamadas locais: 010 / 981 184 278
Cómo chegar
Acceso: desde a avenida de Alfonso Molina accédese ao Campus Universitario de Elviña, e desde aquí, en dirección ao Campus Universitario da Zapateira.
Bus urbano: liña Especial Universidade, parada "intercampus castro".
Outras liñas: consultar no teléfono: 010 ou www.coruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible