Concello da Coruña

Concello da Coruña

Castro escavado

O Castro de Elviña localízase na parroquia de San Vicenzo de Elviña, ao sur do municipio da Coruña. Situado sobre un outeiro de 120 m de altura, conta cun notable control visual sobre os vales de Feáns, Mesoiro e Elviña, dominando as rutas de comunicación naturais orientadas cara a península da Coruña e as zonas de cultivo máis próximas. A súa situación estratéxica respecto das comunicacións terrestres e marítimas pode ser clave para o seu notable desenvolvemento como poboado.

O castro defínese por un primeiro recinto central na súa parte máis elevada (denominada croa ou acrópole) e varias terrazas dispostas ao seu redor, compoñendo unha extensión total de 6,5 hectáreas, sen que sexa descartable que as súas dimensións fosen mesmo maiores. Con relación a outros castros da contorna, non só é significativamente de maior tamaño, senón que tamén ofrece unha destacada monumentalidade arquitectónica e un conxunto de edificacións sorprendentes para a totalidade da Idade do Ferro do Noroeste.

Elviña escavouse por primeira vez en 1947. Desde entón, foi obxecto de campañas arqueolóxicas moi diversas. Nos últimos anos, os esforzos centráronse na consolidación e posta en valor das estruturas do castro, co fin de garantir a súa posta en valor e ofrecer un xacemento visitable para todos os públicos. O xacemento foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1962.

Unha selección dos materiais arqueolóxicos recuperados durante as intervencións pódense contemplar no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón (A Coruña).

Fotografía aérea do castro de Elviña e da cidade

O xacemento

Coñece todas as estruturas do castro e a súa influencia na súa estruturación como poboado.

Saber máis sobre o xacemento

Vista aérea do castro de Elviña

Contexto histórico

Achégate ao desenvolvemento do poboado e relaciónao coas dinámicas sociais e territoriais do seu momento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión