Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

A presente lei ten por obxecto regular a transparencia e publicidade na actividade pública, entendendo esta como a desenvolvida cun financiamento público, así como o dereito da cidadanía para acceder á información pública, entendendo estoutra tal e como se define no artigo 24 desta lei.

Así mesmo, é obxecto da presente lei establecer o réxime xurídico das obrigacións de bo goberno que han de cumprir o sector público autonómico así como as persoas que ocupen altos cargos no mesmo, incluíndo o seu réxime de incompatibilidades, de conflito de intereses e de control dos seus bens patrimoniais.

A importancia do control cidadán sobre a actividade gobernamental nunha democracia queda acreditada desde os debates que precederon á promulgación da primeira constitución democrática da historia. Nos chamados «papeis federalistas», pensadores como James Madison ou Alexander Hamilton introducían os conceptos de «rendición de contas» ou «controis e contrapesos» como elementos esenciais que se atopan na raíz da democracia.

Unha democracia non entendida tan só como mecanismo de elección de gobernos mediante sufraxio senón como un sistema de imperio da lei, coas debidas garantías e tutelas das liberdades e dos dereitos individuais dos cidadáns e cidadás.

Nese sentido, os mecanismos de transparencia e de bo goberno funcionan como contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o uso indebido do diñeiro ou patrimonio público. As incompatibilidades das persoas que exerzan altos cargos, a publicidade das actividades do Goberno e o exame cidadán de toda esta información supoñen mecanismos de control e de limitación do poder estatal ante as liberdades civís.

Normativas relacionadas

Trámites relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión