Concello da Coruña

Concello da Coruña
Murallas Xardín San

Murallas da Cidade Vella

As Murallas da Cidade Vella correspóndense co primitivo asentamento da cidade e están declaradas Monumento Histórico - Artístico. No seu interior alóxanse a maior parte dos edificios históricos e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado así como un gran número de casas de porte antigo.

As fortificaciones que protexían o recinto da Cidade Vella tiveron a súa orixe no reinado de Enrique III, nos últimos anos do século XIV. Consérvanse restos das Murallas Defensivas así como tres portas que abrían a cidade ao mar ao longo do Paseo do Parrote, fronte á baía. Tamén se conserva o baluarte coñecido como a Fortaleza Vella, que é o actual Xardín de San Carlos.

Seguindo o Paseo do Parrote atópase a Muralla e Porta de San Miguel construídas en 1.607 fronte ao Castelo de San Antón.

A Porta do Cravo, que se atopa fronte ao Xardín de San Carlos, foi construída en 1.676.

A Porta da Cruz ou do Parrote, fronte ao Palacio da CaPita nía Xeral, é tamén do ano 1.676.

As portas do Parrote foron declaradas Ben de Interese Cultural desde 1944.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión