Concello da Coruña

Concello da Coruña

Padrón de habitantes: renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras

Este procedemento permite facer o trámite de confirmación que a lexislación prescribe para a cidadanía da Unión Europea e dos Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como dos que, sen pertencer a estes países, teñen cartón de residencia de réxime comunitario (por ser familiares de comunitarios) e aqueles que teñen autorización de residencia de longa duración.

O concello enviará un aviso ao seu domicilio de empadroamento cando teña que facer este trámite. Por tanto, é moi importante que teña actualizado no Padrón o seu enderezo habitual pois pola contra non poderá recibir este preaviso.

En resposta a ese preaviso, poderá realizar a confirmación de dúas maneiras:

  • En liña, se dispón de certificado dixital, asinando dixitalmente o documento que se lle facilitará (cando se realice a renovación por este medio o concello poderá esixir ademais a achega de documentación acreditativa da continuidade da residencia no municipio).
  • Presencialmente, comparecendo nos rexistros de María Pita, Fórum ou Ágora co seu documento de identificación orixinal.

En caso de non realizar a confirmación de residencia, iniciarase un expediente de baixa de oficio no padrón de habitantes.

No suposto de menores de idade, a persoa representante legal asinará a confirmación e deberá achegar o libro de familia/certificado de nacemento orixinal.

Pola súa banda, o trámite de renovación só se pode realizar por comparecencia nos rexistros de María Pita, Fórum ou Ágora, non se admitirá neste caso a vía en liña.

Como regra xeral, a renovación farase cada 2 anos e a confirmación cada 5 anos.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Horario de verán

    (1 de xuño - 30 de setembro)

    Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

    Horario de inverno

    (1 de outubro - 31 de maio)

    Domingos ás 12.00 h

    Contacto

    RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

    981 189 850

    Chamadas locais: 010 / 981 184 278

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión