É obxecto desta convocatoria outorgar axudas económicas en réxime de concorrencia non competitiva cuxa finalidade é o financiamento dos gastos de mantemento e conservación dos taxis adaptados en que incorresen durante o exercicio 2025 os titulares dun taxi adaptado para o transporte de persoas con discapacidade que dispoñan dunha licenza de taxi no municipio da Coruña.
Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas, as xurídicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e sexan titulares dunha licenza de autotaxi adaptado para o transporte de clientes con discapacidade concedidas polo concello da Coruña e desenvolvesen a súa actividade durante o ano.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible