Concello da Coruña

Concello da Coruña

Autorización de uso puntual dos espazos TEUs: Faro de Oza e Ribeira Sacra 15 e 17

Por medio deste procedemento poderá solicitarse o uso dos espazos, nas datas de interese, da rede de infraestruturas sociais TEUs. Estes son espazos postos a disposición da cidadanía para realizar eventos de carácter privado ou familiar, e para que as asociacións, entidades sen ánimo de lucro ou colectivos informais teñan un espazo máis no que levar a cabo as súas actividades de carácter puntual.

O Faro de Oza dispón de dúas salas, unha de 40 m/2 e outra de 30 m/2, equipadas con cadeiras e mesas pregables. A capacidade máxima do recinto é de 50 persoas.

O TEU Ribeira Sacra 15 ten unha superficie de 80 m/2, dividida en dúas plantas. Está equipado con mobiliario básico, biombos separadores de espazos e conta con cociña e forno. A capacidade máxima do espazo é de 50 persoas.

O TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo diáfano de 106 m/2 que está equipado con mobiliario básico, biombos separadores, toma de auga e vertedoiro e unha plataforma de madeira elevada para pequenas actuacións. A capacidade máxima deste local é de 70 persoas.

As autorizacións de uso serán como mínimo DUN DÍA completo (das 09.00 ás 22.00 horas) e DOUS DÍAS MÁXIMO (das 09.00 ás 22.00 horas) cando o tipo de actividades o precise.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión