Concello da Coruña

Concello da Coruña

Comunicación previa de actividades extraordinarias de hostalaría pola eclipse

Este trámite permítelles aos establecementos de hostalaría e lecer comunicar a realización de actividades extraordinarias na vía pública con motivo da eclipse total de Sol do día 12 de agosto de 2026.

De acordo co bando municipal regulador das actividades vinculadas á eclipse, os establecementos poderán organizar actividades no exterior dos seus locais mediante comunicación previa dirixida á Área de Seguridade Cidadá, sempre que as ditas actividades non afecten á circulación de vehículos.

Así mesmo, poderán instalar elementos auxiliares tales como barras, mostradores, neveiras ou similares, así como realizar actuacións musicais ou utilizar equipos de reprodución sonora nas condicións establecidas no bando municipal.

A presentación desta comunicación non exime do cumprimento do resto da normativa aplicable en materia de seguridade, accesibilidade, ruídos, ocupación do espazo público e protección cidadá.

Non poderán ampararse nesta comunicación previa aquelas actividades que excedan do expresamente permitido no bando municipal. Nos ditos casos deberá presentarse a solicitude correspondente ante a Área de Mobilidade para a súa análise e valoración.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión