Concello da Coruña

Concello da Coruña

Copia de atestado de tráfico

Solicitude de copia de atestado de accidente de tráfico realizado pola Policía Municipal da Coruña.

  • Se vostede desexa unha copia do atestado de tráfico poderá solicitala facendo constar o número de rexistro, data do accidente, lugar, matrícula ou matrículas dos vehículos implicados e carácter co que actúa.
    • Moi importante: teléfono de contacto.
  • En primeiro lugar é necesario verificar se o accidente en cuestión foi rexistrado como atestado de tráfico; para iso será necesario que contacte vía correo electrónico co enderezo: atestados@coruna.es e solicite se, efectivamente, o expediente foi rexistrado pola dita unidade. Para iso será necesario indicar a data do accidente, o lugar e a matrícula ou matrículas dos vehículos implicados e indicar o carácter co que actúa a persoa solicitante da información (implicado/a, representante).
    • Moi importante: deberase facer constar no encabezamento: SOLICITUDE DE INFORMACIÓN SOBRE SINISTRO.
  • A unidade de Atestados contestaralle por correo electrónico se o dito accidente está rexistrado ou non. No primeiro caso informarano/a do seu número de rexistro e no segundo contestaranlle que non hai accidente rexistrado.
  • Unha vez recibida a solicitude, o instrutor do expediente confeccionará o atestado. Logo de finalizado este, poñeranse en contacto telefónico co/a solicitante para indicarlle que o pode recoller en man tras a identificación previa. Para iso deberá aboar previamente a taxa municipal correspondente no edificio municipal da r/ Franxa (actualmente 51,18 euros) e fará constar que o obxecto da taxa é solicitude de atestado de tráfico. Facilitaranlle dúas copias (branca e azul). O/a solicitante debe dirixirse ao Cuartel da Policía Local (r/ Tui) dependencias de Atestados de Tráfico para recoller o atestado logo de entregar previamente a copia branca da taxa.
  • Se vostede é un organismo oficial (Consorcio de Compensación, xulgados, ...) non está suxeito ás taxas correspondentes.
  • IMPORTANTE. Se o/a policía instrutor/a do atestado observa indicios de ilícito penal, non se lle facilitará copia á persoa solicitante nestas dependencias, polo que informará o/a solicitante de que para obter unha copia del deberá acudir ao Xulgado ao que foron remitidas as dilixencias e canalizarase este proceso a través dun/dunha avogado/a que o/a represente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión