Concello da Coruña

Concello da Coruña

Informe de avaliación de edificios (IAE)

1. Os edificios suxeitos ao deber de presentar a ITE determínase coa seguinte orde, en relación á súa inscrición no Rexistro de Edificacións:

  • Catalogados no ámbito do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescaría
  • Catalogados no Plan xeral
  • Edificios con antigüidade superior a corenta anos no ámbito das áreas de rehabilitación declaradas
  • Edificios con antigüidade superior a corenta anos no resto do municipio
  • Restantes a medida que se cataloguen ou cumpran corenta anos
  • O Concello poderá esixirlles ás persoas propietarias dos edificios non obrigados polo parágrafo anterior a realización da ITE cando as circunstancias así o fagan necesario.

2. Incoación do expediente de ITE, comunicándollo á propiedade que consta en Catastro. Concédese o prazo dun ano para presentar a documentación necesaria.

3. Unha vez transcorrido o prazo dun ano sen que se presentase a documentación ou se alegase en relación ao solicitado, comunícase apercibimento con novo prazo de tres meses improrrogables.

4. O expediente ITE suspéndese se durante a súa tramitación se lle notifica á Sección de Conservación da Edificación solicitude de licenza de obra. Realizadas as obras obxecto da licenza, debe presentarse a acta de ITE.

5. Logo de presentada en calquera rexistro municipal a documentación de ITE necesaria, compróbase a corrección formal e procédese a:

  • ITE FAVORABLE
    • Arquivo do expediente
    • Nova ITE en 10 anos
  • ITE DESFAVORABLE
    • Incoación do correspondente expediente de DEFICIENCIAS

6. En caso de incumprimento na presentación incoarase expediente sancionador e expediente de execución subsidiaria por parte do concello.

Tamén che pode interesar

Documentos relacionados

  • Mod. 151 Autorización tramitación expedientes de IEE (87 KB)
  • Mod. 149_Certificado técnico suspensión prazo IEE (43 KB)
  • Mod. 150_Certificación corrección deficiencias IEE (75 KB)
  • Mod. 148_Solicitude de tramitación de Informe (IEE) (98 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión