O procedemento de aplicación da ocupación directa axustarase ás disposicións regulamentarias que se diten e, en todo caso, ás seguintes regras establecidas no art. 170.1 da Lei 9/2002:
a) A administración actuante publicará no Boletín Oficial da Provincia a relación dos terreos e persoas propietarias afectadas, os aproveitamentos urbanísticos correspondentes a cada un deles e o polígono onde se deberán facer efectivos os seus dereitos. Así mesmo e de modo simultáneo notificaráselles ás persoas propietarias e titulares de dereitos de contido económico sobre os terreos a ocupación prevista e o resto de circunstancias relevantes.
b) Abrirase un período de información pública durante un prazo de vinte días para efectuar alegacións. Simultaneamente será solicitada polo municipio unha certificación de dominio e cargas ao rexistro da propiedade, así como a práctica dos asentos que procedan.
c) A ocupación só se poderá levar a cabo unha vez transcorrido o prazo de vinte días que se contarán desde a notificación ou publicación, e ditarase a acta na que se farán constar polo menos:
1º Lugar e data de outorgamento
2º Identificación das persoas titulares dos terreos para ocupar ou de dereitos sobre estes e a súa situación rexistral
3º Superficie para ocupar e aproveitamento urbanístico que lle corresponda
4º Polígono onde se fará efectivo este aproveitamento
d) En caso de persoas propietarias descoñecidas, non comparecentes, incapacitadas sen persoa que as represente, ou cando se trate de propiedade litixiosa, entenderanse as actuacións co ministerio fiscal.
e) O municipio expedirá a favor de cada unha das persoas propietarias de terreos ocupados certificación dos extremos sinalados no apartado c) deste artigo, e remitirá á vez unha copia da devandita certificación, xunto co correspondente plano, ao rexistro da propiedade para inscribir a superficie ocupada a favor do municipio, nos termos que resulten da lexislación estatal aplicable.
f) Transcorridos catro anos sen que se procedese á execución do planeamento no polígono onde as persoas propietarias fosen integradas, estas terán dereito a esixir da Administración que se inicie o expediente expropiatorio dos seus terreos, nos termos e co procedemento establecido no artigo 99 da presente lei.
A Administración expedirá a favor das persoas propietarias afectadas unha certificación na que consta o predio que se ocupa e a identificación das/os titulares, superficie para ocupar e aproveitamento urbanístico que lle corresponda e polígono onde se fará efectivo o devandito aproveitamento.
Tamén che pode interesar
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible