Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para entidades sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña 2021.
Tipos de actividades subvencionadas:
Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de dúas (2) subvencións de entre o total de tipos enumerados na Base 3. Por tanto, só poderán subvencionarse dúas (2) actividades distintas dunha mesma entidade. As actividades solicitadas poden ser dun único tipo dos enumerados na Base 3 ou tipos distintos.
No caso de que a entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) por parte da Concellaría de Deportes ou dun ente colaborador, só terá dereito a solicitar unha única subvención de calquera dos 4 tipos recollidos na base 3, a condición de que sexa inequívoco que a actividade que se pretenda subvencionar non estea financiada polo convenio nominativo.
O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80% do total do mesmo. En consecuencia, o coeficiente de financiamento propio será como mínimo do 20%. O orzamento máximo total en ningún caso será inferior a 2.000 euros; na fase de xustificación da actividade non se admitirán diminucións de orzamento total executado por baixo do dito límite. Se así suceder, perderase o dereito á subvención e iniciarase expediente de reintegro das cantidades percibidas, no seu caso.
Tamén che pode interesar
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible