Concello da Coruña

Concello da Coruña
Torre de Hércules

Torre de Hércules

Esta é a nosa Torre, o noso símbolo. A súa silueta reflicte sobre o océano a personalidade atlántica dos que habitamos na Coruña.

A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída a finais do século I ou comezos do século II, durante o imperio romano, por un arquitecto de Coimbra de nome Caio Sevio Lupo. A súa luz foi desde sempre un punto de referencia para os navegantes.

O revestimento exterior actual é do século XVIII, obra de Eustaquio Giannini.

A Torre de Hércules está situada na costa norte da península coruñesa, a 50 metros de altitude.

Na súa contorna está o Parque Escultórico da Torre de Hércules .

Desde o ano 2009 forma parte da listaxe de Patrimonio Mundial.

A Torre de Hércules e Picasso

Picasso pintou "La Torre de Hércules" ao óleo nunha táboa. Debuxouna tamén nun dos xornais manuais que fixo na Coruña: nese caso, presentouna sobre un prato e bautizouna como "Torre de caramelo". Así é como a chamaba seu pai, en alusión á cor do granito que a reviste dende o século XVIII. Moitos anos despois da súa marcha, Picasso lembraba ás parellas que, non con intencións paisaxísticas, frecuentan aquel apartado lugar.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Horario de verán

    (1 de xuño - 30 de setembro)

    Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

    Horario de inverno

    (1 de outubro - 31 de maio)

    Domingos ás 12.00 h

    Contacto

    RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

    981 189 850

    Chamadas locais: 010 / 981 184 278

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión