12 de xuño de 2013
Marc Vidal, considerado como unha das 10 persoas máis influentes en Internet en España.
A Concellería de Emprego e Empresa do Concello da Coruña convídate á conferencia "Non é unha época de cambios, é un cambio de época" impartida por Marc Vidal.
O acto, que terá lugar o vindeiro mércores 26 de xuño de 2013 ás 17.00 no Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia, contará coa presenza de María Luisa Cid Castro, concelleira de Emprego e Empresa, Turismo, Comercio, Porto, Mercados, Consumo e Participación Cidadá do Concello da Coruña.
Achegamos o contido da conferencia e información sobre Marc Vidal (http://marcvidal.net/).
A asistencia é gratuíta. As prazas son limitadas.
Realiza a túa inscrición en: http://www.ticketea.com/conferencia-marc-vidal-coruna-26-xuño-2013
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible