Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xullo de 2012

O éxito do viveiro de empresas leva a Negreira a prometer que o duplicará

O alcalde, Carlos Negreira, visitou o centro de empresas da Grela para coñecer as experiencias dos responsables das once empresas que teñen a súa oficina de traballo no igrexario e comprometeuse a duplicar o número de prazas do viveiro municipal da Grela ante a alta demanda que teñen as instalacións (este número de despachos sumaranse aos doce cos que conta o igrexario).

Por agora, descoñécese o lugar que elixirá o Concello para ampliar o servizo.

A concelleira de Emprego e Empresa xa adiantou hai unhas semanas que o Concello estaba estudando a ampliación do viveiro. Segundo Luisa Cid, o do polígono da Grela queda pequeno para apoiar o labor dos emprendedores coruñeses. O que si descartou nese momento foi ampliar o edificio actual.

Na actualidade no igrexario da Grela traballan once empresas (do sector das novas tecnoloxías, moda, consultoría ou comunicación) que xeran 25 postos de traballo.

Negreira lembrou que o goberno local reservou nos orzamentos municipais deste ano máis de 300.000 euros para “fomentar a actividade emprendedora”. Desta cantidade, 180.000 euros son para subvencións a fondo perdido para negocios de nova creación.

A convocatoria de axudas aprobouse en xuño en xunta de goberno, e o prazo para presentar as solicitudes abriuse a semana pasada. Cada empresario –o Concello calcula que se beneficiarán uns 150– recibirá un máximo de 3.000 euros.

>> Pode acceder á noticia completa en El Ideal Gallego, a través do seguinte enlace:

O éxito do viveiro de empresas leva a Negreira a prometer que o duplicará

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión