26 de novembro de 2014
"Primeira exportación: un reto asumible para calquera PEME"
O Programa Primeira exportación en España é unha iniciativa da Fundación Gas Natural Fenosa cuxo obxectivo é permitir que as pequenas e medianas empresas se inicien na internacionalización.
O próximo 1 de decembro terá lugar a presentación e primeira sesión do seminario "Primeira exportación: un reto asumible para calquera PEME,"onde se ofrecerán as claves para realizar o autodiagnóstico das capacidades exportadoras dunha peme ademais das pautas para o control do risco comercial e financeiro e para a optimización do transporte internacional.
Este programa é aberto, gratuíto e sen barreiras e pode participar calquera PEME.
A capacidade é limitada e é necesario o rexistro e a inscrición nos seguintes espazos:
- Rexistro na web (imprescindible para inscribirse ao evento): Rexístrese aquí
- Inscrición ao evento (só se previamente se rexistraron na web): Inscríbase aquí
Para calquera dúbida, contactar por correo a través de primeraexportacionfgnf@gasnatural.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible