César Concheiro presenta o seu libro na Biblioteca Fórum Metropolitano.
Personas adultas, Juvenil
26/05/2022
Ya ha finalizado
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O xoves 26 de maio, ás 19:00 h, César Concheiro Guerrico presentará o seu libro "Relatos de cascarilla: 12 contos de xente da Coruña" acompañado da escritora Beatriz Maceda, a ilustradora do libro e escritora Laura Veleiro e os editores de o Grupo Beroly Bernabé Simes e José Manuel Yáñez.
SINOPSE:
Relatos de Cascarilla achéganos ás vidas de distintas persoas que comparten como escenario a cidade da Coruña.
No transcurso dos relatos acompañaremos aos protagonistas por ledicias e tristuras, por amores ou soidades, por tempos pasados e tempos por vir, e veremos como teñen en común algo máis que un lugar ou un tempo.
A necesidade de comprensión, agarimo e amizade ábrese paso encarnada nas persoas que desfilan ante nós, amosándose aos nosos ollos e ao noso entendemento como seres fráxiles, resistentes, efémeros e todos eles importantes.
CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO:
Dedicado profesionalmente á música como intérprete e profesor, nos últimos tempos a súa creatividade manifestouse tamén na escritura, materializándose en textos de sinxelas formas mais con fondos contrapuntos.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible