Concello da Coruña

Concello da Coruña

VIII Xornadas sobre a inclusión social e a educación nas artes escénicas

As VIII Xornadas que se celebran na Coruña abordan a relación das artes escénicas e a música coa comunidade, en especial con aqueles colectivos máis vulnerables.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/04/2016 ata o 22/04/2016

Xa rematou

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Organiza:

Ministerio de Educación Cultura y Deporte

Documentos:

Dossier Jornadas 2016 (712 KB)

Analizaranse as posibilidades destas artes como xeradoras de dinámicas para empoderar a persoas e colectivos, co fin de que poidan abordar os retos aos que se enfrontan, así como para alcanzar metas sociais, artísticas e persoais.

Nesta edición, aumenta o número de profesionais invitados para compartir as súas experiencias, certezas e retos cos asistentes. A diversidade estará presente en todos os ámbitos de traballo das Xornadas, xa sexa pola variada procedencia xeográfica e cultural dos relatores e os artistas, como polo impacto do seu traballo diario en comunidades e contextos moi diversos (España, Portugal, India, Perú ou México) ou mesmo polas metodoloxías de traballo que desarrolarán os relatores nas súas charlas e talleres.

Esta nova edición mostrará proxectos ligados á recuperación e relectura da memoria, como valor para construción de comunidade e de identidade cidadá. Tamén propostas que apostan pola creatividade e a expresión propia como elemento para empoderar ao individuo e as colectividades. Outros invitados dedicarán os seus relatorios e talleres a tratar procesos de gentrificación, de xénero, mocidade ou das migracións, mediante análises críticas ou utilizando ferramentas como as artes circenses.

Por primeira vez as Xornadas organizan dous procesos de creación escénica, previos á celebración do evento, dirixidos neste caso por Mariantònia Oliver e Claudia Faci. Ambos se realizan coa participación de cidadáns da Coruña. O resultado artístico presentarase no Teatro Rosalía Castro os días 20 e 21 de abril.

As Xornadas seguen acompañando o crecemento e fortalecemento, tanto dos profesionais como dos proxectos que se xeran en España. É moi satisfactorio observar como cada vez son máis as experiencias e maior o impacto dos proxectos artísticos ao redor das artes escénicas e a música, na súa relación coa inclusión social dos cidadáns. Esta evidencia cumpre cun dos obxectivos das institucións que organizan as Xornadas.

Nesta edición de 2016 son oito as institucións organizadoras. Queremos descartar, entre elas ao Concello da Coruña, a través do IMCE, como anfitrión institucional e, en particular, á dirección do Teatro Rosalía Castro que ofreceu organizalas nesta cidade, exercendo o seu papel de prescriptor de contidos e brillante organizador, como o´m s veterano dos socios institucionais.

Esperamos que o resultado destas Xornadas estea á altura das expectativas dos profesionais de Galicia e do resto de España que nos seguen ano a ano. ou dos novos participantes que se unan por primeira vez a esta gran familia das artes escénicas e da música inclusivas.

FORMULARIO PREINSCRICIÓN: http://bit.ly/16NqufC

+ Información: Ministerio de Educación Cultura e Deporte

Por último queremos pedirvos colaboración na difusión da apertura das inscricións dos procesos artísticos na Coruña. Se coñecedes a persoas ás que poida interesar pasar pola experiencia así non dubidedes en facerllo chegar, pode ser unha fermosa aventura. Achegámosvos a información a continuación.

PROCESOS ARTÍSTICOS NA CORUÑA

Por primeira vez, as Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas abordan procesos previos de creación artística na cidade onde se celebran. Nesta ocasión, son dous proxectos artísticos conectados directamente co lema das Xornadas: "Artes Escénicas e Comunidade".

Os procesos están liderados artisticamente por Mariàntonia Oliver (As Moitas) e por Claudia Faci (Vida laboral). Ambos os proxectos artísticos xestaranse desde un enfoque comunitario.En ambas as propostas, as artistas traballarán cun grupo de cidadáns da Coruña, os cales son convidados a participar de maneira voluntaria nestas experiencias. Posteriormente, durante as Xornadas, poñeranse en escena os procesos artísticos levados a cabo durante eses días.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión