#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en general
06/10/2025
Ya ha finalizado
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 6 de outubro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Balas de papel" de Marta Seoane Pazos, publicado pola Aliar Ediciones. A autora estará acompañada pola escritora María Nieto Díaz.
Acceso libre até completar capacidade.
Resumo:
Xulia, unha moza arqueóloga de 35 anos, despois de estar sete anos sen comunicarse coa súa familia, recibe novas de que a súa avoa, enferma de Alzheimer, está ingresada sen esperanza de vida. Abandona a expedición na que traballa en Cabo Verde coa idea de volver pronto. Pero a mesma mañá que ela chega a súa casa de A Coruña a súa avoa morre.
Sarah, filla dun diplomático británico e casada co cónsul adxunto da embaixada, decide converterse en espía do servizo de intelixencia. Adopta entón a identidade de Audrey, institutriz na casa do señor Arias, xefe dun estaleiro e propietario sen escrúpulos nun pobo da costa galega onde os nazis explotan unha mina de wolframio.
Que fíos unen as vidas destas dúas mulleres, atrapadas en épocas distintas? Cando Xulia herda a casa da súa avoa Adela descubre que esta tiña un pasado oculto, que tratará de desentrañar para coñecer a misteriosa identidade de Audrey.
Balas de papel, prometedora ópera prima de Marta Seoane Pazos, sitúanos na cambiante paisaxe da costa galega na Segunda Guerra Mundial e en pleno século XXI para atraparnos nos seus misterios familiares. Chea de intriga, esta novela histórica está atravesada polo amor e as lembranzas que agonían ás súas protagonistas, mulleres de carácter forte e decidido.
Biografía:
Marta Seoane Pazos, nacida en 1979 na Coruña, a súa carreira profesional está relacionada co ámbito sanitario, sendo técnico de laboratorio en diagnóstico clínico. Imparte cursos como docente a profesionais da súa categoría e participa no desenvolvemento de protocolos normalizados de traballo do seu departamento.
A súa paixón pola escritura levouna a realizar varios cursos online impartidos pola Escola de Escritores, ademais de talleres e cursos dedicados ao mundo editorial. A novela Balas de papel ( Aliar Ediciones, 2024) é a súa ópera prima, froito da súa formación como escritora.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible