Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “Hipnose Encarnada” de Ramiro Torres

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

15/06/2026

Inscripciones:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Dirección:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 15 de xuño ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do poemairo ""Hipnose Encarnada" de Ramiro Torrespublicado por Espiral Maior.

Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.

A Biblioteca Fórum acollerá o vindeiro 15 de xuño a presentación de Hipnose Encantada, o novo poemario de Ramiro Torres, autor coruñés cunha consolidada traxectoria no ámbito da poesía galega contemporánea.

Nado na Coruña en 1973, Ramiro Torres é diplomado en Graduado Social pola Universidade da Coruña. Ao longo da súa carreira literaria publicou textos en revistas como Poseidónia e Agália, ademais de participar en diversos proxectos colectivos, entre os que destaca Áncora no alén (2008), obra que combina creación plástica e poética arredor da figura de Urbano Lugrís.

En 2012 viu a luz o seu primeiro libro individual, Esplendor Arcano, publicado no marco do Grupo Surrealista Galego, colectivo co que o autor mantivo unha estreita vinculación. Así mesmo, foi codirector da revista dixital Palavra Comum e colabora na actualidade en Quiasmo, desenvolvendo unha labor continua de investigación e creación arredor do feito poético.

A súa concepción da poesía afástase de formulacións explicativas para reivindicar o poema como experiencia transformadora. Tal e como o propio autor sinala, o poético constitúe unha vía de coñecemento e unha enerxía latente que se activa en cada lectura, ofrecendo ao lector unha vivencia singular e profunda.

A presentación de Hipnose Encantada supón unha nova oportunidade para achegarse ao universo creativo de Ramiro Torres, caracterizado pola súa intensidade simbólica e pola exploración das dimensións máis suxestivas da linguaxe.

Acceso libre até completar capacidade.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión