#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en general
19/01/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 19 de xaneiro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación da novela "O Espírito das Maceiras", de Silvia Tasende, publicado por Medulia Editorial.
Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.
EXTRACTO:
Estrela Aboi está pensando en vender a casa familiar, un paraíso latexante cheo de vivencias iniciáticas. Unha novela coral na que Morriña, a aldea familiar e máxica, é protagonista xunto cunha serie de personaxes entrañables.
Mais é posíbel poñerlle prezo ao primeiro amor, á memoria, á infancia; ás raíces?
O espírito das maceiras é, en esencia, un libro de amor escrito cos temas propios da condición humana: o camiño entre a infancia e a madurez, a procura da identidade, a consecución dos soños, o legado familiar e o compromiso coa nosa contorna.
SILVIA TASENDE COTELO:
Nacida en Carballo (A Coruña), é xornalista licenciada pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Ao longo da súa carreira, desenvolveu contidos para a radio e a prensa, ademais de traballar en diversas empresas nas áreas de Comunicación e Marketing, especialmente en sectores como a Moda, o Cine e a Arte. Tamén exerce como profesora de Educación Secundaria de Lingua Castelá e Literatura. Pódese seguir o seu traballo e reflexións a través do seu blog ladytasende.com.
Acceso libre até completar capacidade.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible