Convocatoria para participar nos Campamentos Deportivos de Nadal 2025/2026, onde se realizarán actividades deportivas dirixidas por persoal especializado.
4 de decembro de 2025 - MOVEMENTO DA LISTA DE ESPERA
Tras a finalización do prazo para a formalización da matrícula por parte das persoas con praza adxudicada no sorteo, procédese ao primeiro e único movemento da lista de espera coas prazas que quedaron vacantes.
| QUENDA | POSICIÓN NA LISTA DE ESPERA |
|---|---|
| Quenda 1 | Do 2 ao 18 da lista de espera (1) |
| Quenda 2 | Do 12 ao 35 da lista de espera (2) |
As persoas indicadas na táboa anterior, poderán formalizar a matrícula nos prazos e formas indicados a continuación:
DATAS: do 4 ao 9 de decembro de 2025 (ambos os incluídos)
LUGAR: habilitaranse dúas modalidades para formalizar a matrícula:
Cada persoa só poderase matricular nunha quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa ao outra quenda solicitada, agás que, feito o movemento da lista de espera, quedasen prazas dispoñibles.
No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza e as prazas vacantes quedarán a libre disposición a partir do 10 de decembro.
DOCUMENTACIÓN que se debe acompañar á matrícula:
28 de novembro de 2025 - LISTAXE CORRIXIDA
Tras detectar un erro administrativo, procédese á publicación da listaxe corrixida de adxudicación de prazas e lista de espera, organizado por quenda de campamento.
27 de novembro de 2025 - LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE ESPERA
Procédese á publicación da listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera, organizado por quenda de campamento.
Para a elaboración destas listaxes, tivéronse en conta os criterios de preferencia establecidos no punto 6.6 das bases da convocatoria:
MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN
DATAS: as persoas que obtivesen praza poderán formalizar a matrícula do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2025 (ambos os incluídos).
LUGAR: habilitaranse dúas modalidades para formalizar a matrícula:
Cada persoa só poderase matricular nunha quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa ao outra quenda solicitada, agás que, feito o movemento da lista de espera, quedasen prazas dispoñibles.
No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.
DOCUMENTACIÓN que se debe acompañar á matrícula:
25 de novembro de 2025 - Nº OBTIDO NO SORTEO
Celebrado o sorteo, o número obtido é o 194, que establecerá o corte para a adxudicación das prazas nos Campamentos Deportivos Municipais de Nadal 2025-26.
Pódese comprobar o resultado na seguinte ligazón: SORTEO
A publicación da listaxe de persoas admitidas e lista de espera está prevista para o 27 de novembro de 2025.
24 de novembro de 2025 - LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES PARA O SORTEO
Finalizado o prazo para a corrección de erros e cotejado o dato do Padrón, procédese á publicación da listaxe definitiva de solicitantes, con indicación do número co que participarán no sorteo:
Así mesmo, publícase a listaxe coas solicitudes anuladas, que NON participarán no sorteo:
O sorteo para a obtención do número de corte para a asignación das prazas terá lugar o martes 25 de novembro de 2025, ás 09:00h.
Pódese seguir en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO
20 de novembro de 2025 - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES
Tal e como establece a base 6.2 da convocatoria, procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes.
Listaxe provisional solicitantes Campas Deportivos de Nadal 2025-26
CORRECCIÓN DE ERROS: ábrese un prazo para a corrección de erros desde esta publicación e ata o 23 de novembro de 2025, ás 23:59h..
As alegacións presentaranse por correo electrónico a través da dirección programasdeportivos@coruna.gal.
No prazo de corrección de erros non se admitirán novas solicitudes nin cambios na orde de preferencia das quendas, tan só atenderase á corrección dos datos persoais consignados no formulario.
13 de novembro de 2025 - CONVOCATORIA
A continuación, recóllese un resumo das bases da convocatoria que regula este procedemento. As bases completas pódense consultar no documento ao pé de páxina.
PERSOAS DESTINARIAS
Poboación infantil e xuvenil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (nados/as entre o 01/01/2013 e o 31/12/2019). Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, non os seus titores legais ou custodios.
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.
Os e as menores que desexen participar no campamento deberán ser autónomos e ter control de esfínteres.
PROGRAMA TIPO E HORARIO
| HORARIO | PROGRAMA TIPO |
|---|---|
| 08:30-09:00 | Chegada e recepción de participantes |
| 09:00-10:30 | Actividade Deportiva I |
| 10:30-12:00 | Actividade Deportiva II |
| 12:00-12:30 | Merenda (deberá ser achegada polos/as participantes) |
| 12:30-14:00 | Actividade Deportiva III |
| 14:00/14:30 | Devolución e recollida de participantes |
Actividades previstas: Durante o desenvolvimiento de cada quenda de campamento están previstas as actividades que se relacionan a continuación, susceptibles de variación por razóns organizativas e/ou de seguridade: atletismo, loita e defensa persoal, bádminton, xadrez, xogos acuáticos, actividades na natureza ou no exterior.
Horarios:
A opción de horario ampliado non supón un custo engadido.
LUGAR DE REALIZACIÓN
A sede principal será a Cidade Deportiva de Riazor. Poderanse realizar excursións e actividades en puntos de interese da cidade.
QUENDAS E PRAZAS
Establécense 2 quendas:
Ofértanse un total de 144 prazas, organizadas en 72 prazas por quenda.
No formulario de solicitude deberá consignarse a quenda ao que queren asistir, por orde de preferencia.
PREZO
Aplicaranse as tarifas segundo a ordenanza fiscal en vigor (OF 15 art.6), sendo o prezo 35,04 € por persoa e quenda.
O horario ampliado non supón un custo engadido.
Redución de taxas: Poderán obter unha redución do 50% na taxa relativa a campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.
CRITERIOS DE PREFERENCIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
Para establecer a orde de preferencia para a adxudicación de prazas terase en conta:
As persoas admitidas na súa primeira opción de preferencia quedarán automaticamente excluídas para a adxudicación na súa segunda opción, pasando ao final da lista de espera.
As persoas que non obtivesen praza neste proceso, pasarán a formar parte da lista de espera.
DATAS A TER EN CONTA
PREINSCRICIÓN
As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse do 14 ao 18 de novembro de 2025, a través do seguinte formulario:
Solicitude de preinscrición nos campamentos de Nadal
Non se admitirán preinscricións realizadas por outros medios.
Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia.
Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar, para unha mesma persoa, máis dunha solicitude, só terase en conta a última, e anularanse de oficio todas as feitas con anterioridade.
Solicitude familiar: para colaborar na conciliación das familias, no caso de que desexen optar ao mesma quenda de campamento, deberán cubrir un único formulario de preinscrición (solicitude familiar), coa condición de que todos os menores sexan membros da mesma unidade familiar ou demostren convivencia no mesmo domicilio.
Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, por tanto só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula, no seu caso, os/as titores/as legais que teñan a custodia. No caso de custodia compartida, os interasados deberán poñerse de acordo previamente; no caso de non alcanzar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que será quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula.
EQUIPAMENTO E RECOMENDACIÓNS PARA PARTICIPANTES
Enviarase aos participantes, por correo electrónico, a información relativa ao desenvolvimiento da actividade.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible