Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Deportes

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Usos IDM - Tempada 2025-26

12 de Setembro de 2025 - Resolución definitiva de Asignación de Usos das IDM Tempada 2025/26

Procédese á publicación da Resolución Definitiva da asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas para a Tempada 2025-26. 

Pode consultar a distribución de usos das IDM na seguinte ligazón:

Aplicación:

Os usos concedidos estenderanse desde o luns 15 de setembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026.

3 de Setembro de 2025 - Resolución provisional de Asignación de Usos das IDM Tempada 2025/26

Procédese á publicación da Resolución Provisional da asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas para a Tempada 2025-26. 

Pode consultar a distribución de usos das IDM na seguinte ligazón:

Prazo de Alegacións: as bases da convocatoria establecen un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación: do 4 ao 10 de setembro de 2025 (incluídos).

As alegacións deberanse realizar pola Sede Electrónica, no apartado de "Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente". 

Facilitase a ligazón:

Na solicitude electrónica será necesario cubrir todos os datos, marcar a casilla: "expediente de referencia", e introducir o nº de expediente : 211/2025/529

31 de Xullo de 2025 - REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN

Publicación do anuncio de Requirimento de documentación das solicitudes presentadas á convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas de adestramento durante a tempada 2025-2026.

Prazo de presentación de emendas: ata o 07.08.2025 (incluído)

Acceso á Sede Electrónica: Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente

Documentos relacionados

CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADESTRAMENTO DURANTE A TEMPADA 2025-26

Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé da páxina:

QUEN PODE SOLICITALO?

Poderán solicitar, mediante este procedemento, o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:

  1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña, definidas polo artigo 40 da Lei do Deporte de Galicia: clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares, seccións deportivas e federacións deportivas, todas elas sen ánimo de lucro.
  2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados na cidade da Coruña que precisen das instalacións deportivas municipais para realizar adestramentos. Considérase deportista individual aquela persoa que practique unha modalidade deportiva de carácter individual. Ten a consideración de deporte individual a modalidade deportiva que sexa practicada por un ou dous deportistas como máximo en función do seu regulamento.
  3. Sociedades Anónimas Deportivas con sede social na cidade da Coruña, sempre e cando non dispoñan dunha instalación propia ou cedida para adestramentos e realicen as súas competicións na cidade da Coruña.

PROCEDEMENTO

O procedemento polo que se lle distribuirán as horas de utilización privativa das instalacións deportivas municipais ás entidades solicitantes será o de concorrencia competitiva, mediante o cal se pretende garantir o reparto máis equitativo posible entre os/as solicitantes que presenten características similares.

A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo Municipal de Deportes, e a resolución ao Concelleiro de Deportes, por delegación da Xunta de Goberno Local.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As entidades deberán solicitar as instalacións e os horarios que se axusten ás súas necesidades, atendendo á modalidade deportiva que se pode practicar en cada instalación e ao horario ofertado nesta convocatoria de acordo coa oferta de horas dispoñibles, a cal pode consultar a continuación:

As solicitudes presentaranse unicamente a través dun procedemento específico na Sede Electrónica no apartado correspondente á Convocatoria de Usos das Instalacións Deportivas Municipais, no prazo do 07 ao 16 de Xullo de 2025.

Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón:  ​​​​​

Documentos relacionados

  • BASES - Convocatoria usos Instalacións Deportivas Municipais -Tempada 2025-26 (466 KB)
  • Resolución Definitiva e Asignación de Usos - Tempada 2025/26 (2 MB)
  • ANEXO - Resolución Definitiva e Asignación de Usos - Tempada 2025/26 (875 KB)
  • Oferta horas usos IDM tempada 2025-26 (320 KB)
  • Anuncio Requirimento Usos IDM 2025-26 (363 KB)
  • Declaración responsable (200 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión