O Concello da Coruña celebra, o domingo 15 de xuño, o XXXVIII Día do Deporte na Rúa como colofón á actividade das Escolas Deportivas Municipais do curso 2024-2025.
Todas as actividades se desenvolverán na contorna da Cidade Deportiva de Riazor. Os deportes náuticos desenvolveranse na praia de Riazor e Orzán. Todas as actividades son de balde e abertas a todas as idades e desenvolveranse en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas.
A cita ten como obxectivo promocionar as diferentes disciplinas deportivas que se practican na cidade, da man dos distintos clubes e entidades deportivas municipais, e, dun xeito lúdico e participativo, achegar á cidadanía os beneficios da práctica deportiva.
O Día do Deporte na Rúa contará con 62 modalidades deportivas diferentes como o atletismo, baloncesto, bádminton, boxeo, ximnasia, escalada, marcha nórdica ou xadrez. Tamén haberá deportes náuticos como vela, piragüismo, waterpolo, paddlesurf ou surf, entre moitos outros. E como novidades contaremos con danza urbana, pickleball, pelota vasca e pentatlon militar.
Este ano, 92 clubes e entidades deportivas da cidade se suman á celebración do Día do Deporte, colaborando co Concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer as diferentes prácticas deportivas que se ofertan no municipio, completando unha programación deportiva ampla e diversa. Deste xeito, o Concello mantén o seu apoio ao sector deportivo da cidade, achegando o seu traballo á cidadanía e fomentando a práctica deportiva para todos os gustos e idades.
Haberá tamén unha solta de pombas ás 13.00 horas desde a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor.
Modalidades deportivas
Aikido | Loita Grappling |
Atletismo | Loita Sambo |
Atletismo - Lanzamentos | Marcha nórdica |
Bádminton | Motociclismo |
Baloncesto | Natación |
Balonmán | Paddle surf |
Boccia | Patinaxe artística |
Boxeo | Patinaxe en liña |
Carreira de orientación | Patinaxe freestyle |
Ciclismo Urbán e tandem | Pelota vasca |
Colombofilia | Pentatlon militar |
Danza urbana | Petanca |
Defensa personal | Pickleball |
Deporte adaptado | Piragüismo |
Dragon boat | Quidditch/Quadball |
Duatlón | Roller derby |
Equitación | Rugby |
Escalada | Salvamento e Socorrismo |
Esgrima | Surf e parasurfing |
Esgrima histórica | Surfskate |
Fútbol | Taekwondo |
Fútbol gaélico | Taichi |
Fútbol sala | Tenis |
Ximnasia artística | Tenis de mesa |
Ximnasia rítmica | Tiro con Arco |
Golf | Trialbici |
Halterofilia | Triatlón |
Hockei sala | Vela |
Jiu Jitsu | Waterpolo |
Judo | Windsurf |
Kárate |
Xadrez |
Entidades deportivas
5 Coruña Fútbol Sala | Club Torre SD |
A Coruña Fillos de Breogán | Club Triatlón Coruña |
A Coruña Pickleball | Club Voleibol Zalaeta |
ADC Alquimia Inline | Club Waterpolo As Mariñas |
Agrupación de Montañeros Independientes | Club Waterpolo Coruña Rías Altas |
Asociación Coruñesa de Waterpolo | Club Ximnasio Fibra |
Asociación Galega de Xadrecistas | Coruña Beach Club |
ASPERGA | Coruña Roller Derby Irmandiñas |
Athletic Coruña Hockey Club | Club de Rugby Arquitectura Técnica |
Balonmán Brigantium | Dementores Coruña |
BM Línea 21 | Federación Salvamento e Socorrismo Galicia |
CD Seguridade Galega | Federación Galega de Surf |
C.P.A. Maxia | Fundación Abrente - ENKI |
Can Coruña Asociación Canina | Gimnasia Rítmica Santiago Apóstol |
Círculo Colombófilo Herculino | Graiño Team |
Club Academia espada Coruña | Grumico |
Club atletismo Coruña Comarca | Hércules Club de Golf |
Club Auga Dragon Boat BCS | Hércules Coruña Fútbol Sala |
Club BKC Boxeo | Índigo Taichi |
Club Básquet Coruña SAD | Judo Club Coruña |
Club Brabox 76 | Judo Club Shiai |
Club Batallador SD | Judo Hércules |
Club de Pelota La Coruña | Karate No Michi |
Club de Vela Playa Oza | Lobos de Mar Surf Club |
Club del Mar de San Amaro | Mas Moto Club |
Club Encontro Aikido | Mobi-liza |
Club Escola galega de Esgrima | OAR Ciudad Vieja 1952 |
Club Escola Garrapucho | Old is Cool Club de Surf |
Club Escuela de Tenis Marineda | ONCE |
Club Esgrima Atlántico | Orzán Sociedad Deportiva |
Club esgrima Coruña | Prado Surf Escola |
Club Etp A Coruña | RSD Hípica de La Coruña |
Club Galicia Rollers | Real Club Náutico de La coruña |
Club Halterofilia Coruña | Riders Surf School |
Club Hércules Termaria | SD As Xubias |
Club Lanzadores Coruña | Sociedad de Montaña Ártabros |
Club Marcha Nórdica A Coruña | Son do Mar Escuela de Surf |
Club Natación Coruña | Sporting Club Casino de La Coruña |
Club Náutico Marina Coruña | The Cutarc Team |
Club Petanca Coruña | Tip Mv Fight krav Maga |
Club Polideportivo Esclavas | TrialBiciCoruña |
Club Rítmica Coruña | Viaxes Amarelle FS |
Club Rítmica Milenium | Vibrato Dance Crew |
Club Salesianos Coruña | Ximnasia Ritmica MªBarbeito |
Club Salvamento Coruña | Zalaeta 100tolos |
Entidade convidada: Cuartel General de Mando de Apoyo a la Maniobra - A Coruña |
4 resultados
18 de abril de 2025
Está prevista a participación de case un cento de entidades deportivas na contorna da Cidade Deportiva de Riazor
2 de xuño de 2025
Haberá camisetas e agasallos para as persoas que participen nas actividades deportivas
2 de xuño de 2025
A xornada celebrarase o domingo 15 de xuño na contorna do Palacio dos Deportes de Riazor con máis de 60 modalidades deportivas diferentes
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible