A rexedora deu a benvida ao Dépor, Le Havre AC e SC Braga nun acto institucional previo aos encontros desta tarde no estadio municipal de Riazor
9 de agosto de 2025
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu este mediodía no Pazo de María Pita aos equipos participantes na 80ª edición do Trofeo Teresa Herrera: o Dépor, o Le Havre AC de Francia e o SC Braga de Portugal.
O acto institucional, celebrado ás 13.45 horas tras a disputa das finais do 28º Mini Teresa Herrera, serviu para dar a benvida oficial en nome de toda a cidade. Inés Rey subliñou "o valor histórico e simbólico dun torneo que é parte da nosa identidade como cidade aberta ao mundo e que promove valores como a igualdade, a amizade e a deportividade".
A alcaldesa tamén lembrou a figura de Juan Luis Villamisar, recentemente falecido, a quen dedicou unhas palabras de recoñecemento polo seu "traballo incansable en favor do fútbol coruñés e galego" e polo seu compromiso para que A Coruña optase a ser sede do Mundial 2030.
A xornada deportiva continuará esta tarde no estadio municipal de Riazor coa disputa da XIII edición feminina (Dépor - SC Braga, ás 17.00 h) e a 80ª edición masculina (Dépor - Le Havre AC, ás 20.00 h).
16/12/2025
Os días 06/12/2025 á 01:00 , 20/12/2025
21/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible