O Concello pon á disposición dos equipos participantes o polideportivo municipal do Barrio das Flores, onde se disputarán seis encontros
17 de maio de 2023
A Coruña será unha das sedes da fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán. O Concello, a través do Consorcio de Turismo, colaborou co club OAR para poder celebrar estes encontros na cidade entre o 25 e o 27 de maio. O Concello amosa deste xeito o seu apoio ao deporte coruñés e a súa interlocución continua cos clubs.
Nesta fase final un dos equipos participantes será o Attica 21 Hotels OAR Coruña, que se enfrontará ao Cajasur Córdoba, Balonmano Soria e KH-7 Balonmano Granollers. A Coruña será unha das tres sedes desta fase para ascender á segunda categoría do balonmán masculino nacional xunto a Avilés e Alacante.
O grupo II desta fase disputarase no polideportivo municipal do Barrio das Flores, que por capacidade é o recinto municipal máis axeitado para acoller esta competición. Disputaránse seis partidos, enfrontándose todos os equipos entre eles e ascenderá o que mellores resultados obteña.
Calendario
Xoves 25 de maio
Attica 21 Hotels OAR Coruña - Club Balonmano Soria
Cajasur Córdoba - KH-7 Balonmano Granollers
Venres 26 de maio
Attica 21 Hotels OAR Coruña - Cajasur Córdoba
KH-7 Balonmano Granollers - Club Balonmano Soria
Sábado 27
Attica 21 Hotels OAR Coruña - KH-7 Balonmano Granollers
Club Balonmano Soria - Cajasur Córdoba
19/05/2024
19/05/2024
Dende o 15/05/2024 ata o 19/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible