Establécese un investimento mínimo de 6,5 millóns de euros para renovalas no futuro
30 de xullo de 2025
Este mércores aprobouse o informe de viabilidade das concesións dos centros deportivos de San Diego e do Castrillón, que o Concello da Coruña ten previsto sacar a concurso proximamente.
Neste sentido, a Xunta de Goberno Local deulle luz verde este mércores ao anteproxecto das obras e melloras previstas a futuro en ambas as instalacións. Establécese un investimento mínimo de 6.500.000 euros para renovalas, cun modelo que prevé que os ingresos xerados pola explotación permitan financiar o dito investimento con rendibilidade positiva.
A meirande parte dos investimentos serán en San Diego, un recinto que abriu á cidadanía hai 25 anos "e que, polo tanto, precisa de adaptacións e renovación das súas instalacións", razoou a alcaldesa. É o caso dos sistemas de produción de auga quente e fría, os de ventilación e climatización, a fontanería e tamén os sistemas de filtración e tratamento de auga das piscinas. Tamén se formulan melloras de accesibilidade no interior do polideportivo e actuacións na envolvente. Concretamente, en partes onde os informes técnicos detectaron posibilidades de mellora, como os acristalamentos e as vidreiras da piscina.
O investimento de 6,5 millóns tamén terá un impacto positivo no Castrillón, mais en menor medida, xa que o centro deportivo do barrio é máis recente e, polo tanto, as súas instalacións son máis modernas e precisan menos actualizacións.
13/12/2025
13/12/2025
16/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible