Prazas dispoñibles desta convocatoria das Escolas Deportivas Municipais para o Curso 2025/26
A QUEN VAN DIRIXIDAS?
Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, sexan ou non alumnos/as das EDM.
Limitación no número de actividades por persoa: Como norma xeral, establécese a limitación de ocupar como máximo dúas prazas das EDM no mesmo curso, exceptuando as actividades de natación adaptada e natación prenatal, de forma temporal. Esta limitación establécese considerando conxuntamente as instalacións deportivas municipais de xestión directa así como os complexos deportivos de San Diego e San Amaro.
Finalizada a convocatoria de novas matrículas, se quedasen prazas libres, poderá matricularse tendo en conta que na seguinte renovación só se poderá matricular en dúas delas, sempre e cando sexan de modalidades deportivas diferentes.
PERÍODOS DE MATRICULACIÓN:
CAMBIOS DE HORARIO AO LONGO DO CURSO ESCOLAR:
Aquelas persoas que, por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou calquera outra índole, desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán unha vez rematada a convocatoria de novas matrículas, e quedarán a libre disposición ata a 31 de xaneiro de 2026, para maiores de 18 anos, e ata o 31 de decembro de 2025, para as/os menores.
Se fose o caso, deberán tramitar de maneira presencial conxuntamente a baixa no grupo do que desexen marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferenza no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días á semana).
Unha vez rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.
Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre instalacións de San Diego ou San Amaro entre si, nin co resto de instalacións.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
En ambos casos a apertura da formalización das matrículas comezará o luns 27 de outubro ás 08:15h
Documentación que debe acompañar
Non se garante a dispoñibilidade da praza no momento da atención.
PRAZAS DISPOÑIBLES (Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2025)
Requisitos para as Escolas Deportivas Municipais de Natación:
Pode cosultar as prazas dispoñibles EN TEMPO REAL a través da plataforma Cronos Web na seguinte ligazón:
A consulta pode facela tanto de maneira identificada ou sen identificarse.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible