Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alugueiro Pistas Municipais de Pádel

Neste apartado ofrecemos información específica de como proceder para o alugueiro das pistas de pádel municipais, situadas na Cidade Deportiva A Torre.

Localización das pistas de pádel:

As pistas de pádel municipais forman parte das instalacións da Cidade Deportiva da Torre.

Formalización do alugueiro:

Poderase realizar de dúas formas:

1) Telematicamente, a través da plataforma Cronos Web:

Ligazón para o acceso á plataforma: Acceso a Cronos Web.

Recomendamos consultar a guía de acceso e uso de Cronos Web, que se pode descargar na seguinte ligazón: Guía xeral de acceso a Cronos Web

NOTA: Para poder usar a plataforma Cronos Web é necesario estar previamente de alta na mesma. Esta alta inicial farase, de modo presencial, no rexistro de Deportes de Riazor, presentando o DNI ou documento identificativo análogo (NIE, pasaporte etc.), e indicando unha dirección de correo electrónico, que será a que permita posteriormente o acceso á plataforma en liña.

2) Presencialmente, acudindo á Oficina de Rexistro do Palacio de Deportes de Riazor, preferentemente con Cita Previa.

Tarifa 2024 (Ordenanza Fiscal nº 15):

Uso libre para actividade física. Partido individual ou dobres/unha hora: 3,18 €

Documentos relacionados

  • Guía xeral de acceso a Cronos Web (646 KB)
  • Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas e outras actividades (27 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión