Concello da Coruña

Concello da Coruña

Eventos activos para voluntariado

Neste apartado pode obter información dos eventos deportivos activos nos que participar a través do voluntariado.

Lembra darte de alta previamente antes de inscribíreste en calquera evento.

Convocatoria Voluntariado - XV Coruña 10 - 2021

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro 3 de outubro de 2021 a XV CARREIRA POPULAR C10

Unha nova cita deportiva onde podes formar parte da organización, sentir a competición desde dentro, colaborar e contribuír a facela posible. É un esforzo diferente e de carácter altruísta, pero que leva unha gran satisfacción por lles axudar activamente aos e ás corredoras que cruzan a meta, que nesta ocasión se converte en algo moi especial, pois será a primeira carreira popular na cidade, desde febreiro de 2019, porque O DEPORTE ESTÁ DE VOLTA.

Grazas á participación de voluntarios e voluntarias, o éxito de cada unha das carreiras está garantido, e con estas achegas, a nosa cidade vólvese máis cooperativa, humana, atractiva e solidaria.

Desde a Concellería de Deportes, solicitamos a colaboración das entidades deportivas da cidade para que se sumen a este labor voluntario, animando as persoas integrantes da súa entidade para colaborar durante a mañá do domingo 3 de outubro nas diferentes áreas de servizo ás persoas corredoras e á cidadanía.

Podes participar da seguinte maneira, inscribíndote en VOLUNTARIADO DEPORTES CORUÑA. O Servizo de Deportes asume o seguro da persoa voluntaria e asina o correspondente compromiso. Non se admiten menores de idade.

Sen a vosa presenza, sumando esforzos co obxectivo de contribuír ao éxito, os eventos deportivos na nosa cidade non serían posibles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión