O Concello aposta polo fomento deste deporte entre a mocidade a través desta competición, que xa conta con máis de 90 parellas inscritas
26 de outubro de 2023
Este domingo, 29 de outubro, a partir das 10.45 horas terá lugar no pavillón do IES Rafael Puga Ramón a segunda edición do Torneo de Xadrez ERLAC - Cidade da Coruña, co que colabora o Concello a través da súa Concellaría de Deportes. A competición puntúa para ELO - FIDE e para o XVI Circuíto de Promoción da Federación Galega de Xadrez (FEGAXA).
A proba está organizada pola Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC) e a previsión é acadar as 150 persoas inscritas. "Este torneo permitirá ver os novos valores do xadrez a nivel galego na nosa cidade por segundo ano consecutivo", indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. A competición estará dirixida por Jesús Vázquez Forno e o árbitro principal será Óscar de Prado.
O Concello volve colaborar neste proxecto de novo para conseguir que a cidade teña presenza neste popular circuíto autonómico e, así mesmo, revitalizar con novas propostas o deporte do xadrez na cidade. O Circuíto de Promoción pasa cada ano por localidades como A Guarda, Vilagarcía de Arousa, Santiago, Silleda, Mos, Pontevedra ou Cambados. O seu obxectivo é dar a coñecer este deporte federado entre os máis novos, fomentando valores como a tolerancia, a paciencia, o estudo e a creatividade.
02/12/2023
03/12/2023
03/12/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible