Concello da Coruña

Concello da Coruña

Abre o local da Federación de Peñas Deportivistas no Palacio de Riazor

A alcaldesa, Inés Rey, acompañou aos peñistas na apertura do espazo logo do convenio de colaboración asinado para a cesión do local

Cando:

12 de marzo de 2023

A alcaldesa, Inés Rey, acompañou esta mañá aos peñistas na apertura do local da Federación de Peñas Deportivistas, sito no primeiro andar do Palacio dos Deportes de Riazor. O local foi cedido polo Concello da Coruña á Federación mediante un convenio de colaboración no que, ademais da cesión, recóllese a execución de accións conxuntas para promover boas prácticas deportivas e actividades en materia de igualdade.

O local foi cedido de forma gratuíta durante catro anos, con vistas ao desenvolvemento das súas actividades -organización dos desprazamentos e reunións e convencións coas persoas integrantes das peñas asociadas-. O espazo púxose a disposición exclusiva da entidade co obxectivo de solventar unha demanda da Federación de Peñas desde hai máis de unha década, ao carecer dun espazo específico para recibir ás peñas visitantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión