Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, e as solicitudes deberán presentarse nun prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP)
19 de xaneiro de 2023
Este mércores, a Xunta de Goberno de Local autorizou un investimento de 120.000 euros destinado a sufragar a Convocatoria 2023 das bolsas deportivas para deportistas individuais, unha iniciativa promovida polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de promocionar o deporte coruñés apoiando de forma directa a profesionais de diversas disciplinas deportivas, todos eles residentes no termo municipal.
Estas bolsas contribúen a facilitar a participación das persoas beneficiarias en competicións deportivas de alto nivel. Neste sentido, na Convocatoria 2023 poderán optar ás bolsas aquelas persoas, de nacionalidade española, que sexan deportistas federados, de calqueira categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual, e que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:
Disporanse un total de seis categorías:
Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, e as solicitudes deberán presentarse nun prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
28/04/2024
28/04/2024
28/04/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible