A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe a competición, que terá lugar na cidade ata o vindeiro luns
17 de febreiro de 2023
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu nas instalacións do Real Club Náutico da Coruña a presentación do Campionato Galego de Optimist, que se celebrará na cidade este sábado, domingo e luns. A competición reunirá aos 137 mellores deportistas de Galicia, entre os que destaca o actual campión e número un do ranking, o coruñés Fernando González del Castillo.
"Desde o Concello estamos a realizar unha importante labor para promoción da vela, democratizando este deporte e abrindo a súa práctica aos alumnos dos centros educativos da cidade", sinalou Inés Rey. A alcaldesa lembrou que o Náutico forma parte das entidades que participan no programa O Atlántico parte de ti, promovido polo Concello e no que participan 16 colexios da cidade, 15 deles centros educativos públicos e un concertado. "A través desta iniciativa buscamos achegar o mundo da vela aos máis pequenos para que adquiran as técnicas básicas e coñezan e respecten as normas de seguridade e protección para o desenvolvemento de deportes náuticos", indicou Rey.
A rexedora agradeceu tamén o traballo formativo que están a levar a cabo en colaboración co Concello os clubes Marina Coruña, Club Marítimo de Oza e Playa de Oza, ademais do Náutico, co apoio tamén da Federación Galega de Vela.
Inés Rey destacou que este 2023 A Coruña volverá a acoller tras sete anos de ausencia a regata de grandes veleiros Tall Ship Races. "Trátase dun evento de gran relevancia muncial que volverá situar a nosa cidade no punto de mira internacional durante catro días", indicou a alcaldesa.
03/06/2023
04/06/2023
04/06/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible