Dende o 08/01/2026 ata o 27/02/2026
Os grupos e centros xa inscritos para esta XXXV edición poderán confirmar a súa participación a través da ficha de solicitude específica ata o día 27 de febreiro ás 14:00 horas. Tamén poderán inscribirse novos grupos interesados en participar no programa.
Dirixido a grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña dos niveis de Educación infantil, primaria e secundaria, a "Mostra de Teatro Escolar" celebra esta ano o seu XXXV edición. Este programa busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello.
O pasado 15 de decembro pechouse o prazo ordinario de inscrición. Agora, os grupos e centros xa inscritos para esta edición XXXV deberán confirmar a súa participación a través da ficha de solicitude específica, actualizando os seus datos (título da obra, número de participantes, acompañantes...). Ademais, poderán inscribirse novos grupos que non o fixeron anteriormente. A data límite, tanto para a confirmación como para as novas inscricións, será o día 27 de febreiro.
Programa ao que pertence
Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible